Idioma: Galego
nexo5.com
LUGO CULTURAL, dentro do programa MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA presenta:
ARTE SONS - ENCONTRO DE ARTE SONORA E MÚSICA EXPERIMENTAL
LUGO, DÍAS 13 E 14 DE ABRIL
Dúas xornadas adicadas á difusión da música experimental e a arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais, dentro dos parámetros da cultura libre e os procesos de creación colectiva.
O programa comprende dende o debate teórico ata a acción sonora no entorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruido.
Un evento que pretende evidenciar procesos creativos que veñen marcando liñas paralelas ás correntes culturais dominantes e que son consecuencia dos novos modos de producción e difusión da creatividade artística, e da colaboración comunitaria entre internet e as subculturas urbanas.
PROGRAMACIÓN
VENRES 13
- Mesa redonda "A Música Libre no Contexto da Creación en Rede"
17.30 h. Escola Universitaria de Formación do Profesorado,USC.
Ponentes:M. Inmaculada Cárdenas-Compositora e directora do Grupo de Creación Musical da USC.
Chiu Longina- Antropólogo e artista sonoro.
Arturo Vaquero- Productor e músico lucense.
María Pérez- Xornalista e activista no entorno cultura libre.
- Proxección de obras audiovisuais
22.00 h. Praza de O Cantiño.
SÁBADO 14
- Seminario "Escoita Activa", a cargo do colectivo Escoitar.org
Conferencia: "Proxectos Internacionais de Intervención de Pontes"
11.00 Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC.
Audio-Acción: "Auscultando a Ponte Romana de Lugo"
18.00 Ponte Vella.
- Concertos
21.00-2.00 Club Cultural Babel.
Dj Mister- Opening dj set.
Leucochloridium- Experimental Alternative Jam Band.
Christian Galarreta - Performance a través de Internet dende Perú-Noise.
Dr. Think e Mike Rolling- Experimental dúo.
Flexo- Performances sonoras.
Ultranoise- Artista sonoro.
Dj Hidráulico- 2-step, noise e breakcore
PATROCINA: LUGO CULTURAL (Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Lugo, Fundación Caixa Galicia).
CO-ORGANIZAN: Grupo de Creación Musical da Vicereitoría de Cultura da USC (GCMUS) e Asociación MIRA EL RÍO BAJA.
COLABORA: Club Cultural BABEL
DISEÑO GRÁFICO: Gema Alba e Paola Guimeráns